miércoles, 31 de enero de 2018

Presentación de Lucía!

Boas lectores e lectoras!


 


O meu nome é Lucía Magariños Barros, alumna do Grao de Educación Primaria da Facultade de Educación de Ourense. Xunto as miñas compañeiras son unha das integrantes de este blog, creado para a publicación dos nosos traballos na materia de Novas Tecnoloxías.
Escollemos un trastorno neurolóxico, o Trastorno do Espectro Autista como tema base para a elaboración dos nosos traballos. Persoalmente considero que é un tema de gran importancia e que é necesario que os futuros docentes coñezamos como tratar aos nenos e nenas con problemas ou dificultades e como traballar con eles dentro da aula, para poder levar a cabo un traballo satisfactorio.



Con esta materia pretendo aprender técnicas novas para abordar o noso traballo e poder sacar beneficio dela coas novas tecnoloxías como futura docente.



Espero que vos guste moito o noso blog.
Un saúdo e ata moi pronto lectores e lectoras!

No hay comentarios:

Publicar un comentario