lunes, 30 de abril de 2018

Actividades Multimedia IV

Moi Boas a todas e todos de novo!!!

Para esta semana tivemos que elexir entre outra nova plataforma entre as "150 ferramentas para elaborar material". Para min foi moi complicado elixir unha, xa que moitas delas non te deixaban acceder, o eran difíciles de comprender. Despois de probar un par delas, sin resultado, xa que o non as sabía gardar ou non había que facer nada, xa que as actividades xerábanse por sí soas, decidín facer outro mapa conceptual, como dúas das miñas compañeiras. 
Para facelo elexín a plataforma Bubbl.us xa que foi unha das poucas que me deixou abrila, e era de fácil comprensión. Para elaborar o dito mapa, ocorreuseme a idea das enerxías e a súa clasificación.
Os mapas conceptuais son moi útiles á hora de planificar as ideas, e para memorizar a materia dunha forma máis clara e sinxela. Aos alumnos con TEA cóstalles a organización e a planificación, polo que axudáremoslles a clarificar as ideas a través destes.

Espero que os sexa moi útil!!

Actividades Multimedia III

Mois boas a todos e a todas!!

Hoxe traiovos outras dúas actividades feitas por unha plataforma chamada Edilim. Ésta é unha ferramenta que ao igual cas outras que publicamos anteriormente, permíteche crear actividades multimedia interactivas.
Para estas actividades elexín de novo a materia de ciencias da natureza. Na primeira actividade hai que relacionar as ganderías co tipo de animal. Na segunda actividade o alumnado ten que clasificar unha serie de imaxes de animais según estes sexan restís ou anfibios.
Con este tipo de actividades o que buscamos e a participación de todo o alumnado, e buscar unha clara e dinámica de asentar os conceptos aprendidos en clase. Son actividades que chaman a atención, e buscamos que o alumnado con TEA preste dita atención, e colabore á hora de resolver as actividades. Buscamos potenciar o traballo en grupo e a axuda mutua.

Espero que os sexan de utilidade e vos gusten moito!!

sábado, 28 de abril de 2018

Actividades Multimedia III


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos as dúas actividades multimedia interactivas que fixemos nesta sesión.

Esta vez traballos cunha nova aplicación coa que nunca antes traballara, Edilim. Edilim é unha plataforma dixital que permite crear moitos máis recursos ou actividades multimedia interactivas que a aplicación coa que traballamos a semana pasada, hai moita variedade onde elixir.

Eu elaborei dúas actividades, unha delas trátase dunha actividade para clasificar metáforas co seu significado e a segunda actividade sobre adiviñanzas, para unir a adiviñanza coa resposta correcta.

As dúas actividades están pensadas para levar a cabo nunha aula con todo o alumnado, dunha maneira inclusiva, pero especialmente están enfocadas para traballar co alumnado con TEA, xa que unha das características que presenta este alumnado é a dificultade para comprender as dobres intencións.

Por este motivo decidín enfocar estas actividades sobre este tema, para axudarlle a estes alumnos e alumnas a traballar coas dobres intencións a través das metáforas e das frases feitas.

Espero que vos guste. Vémonos pronto!