sábado, 28 de abril de 2018

Actividades Multimedia III


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos as dúas actividades multimedia interactivas que fixemos nesta sesión.

Esta vez traballos cunha nova aplicación coa que nunca antes traballara, Edilim. Edilim é unha plataforma dixital que permite crear moitos máis recursos ou actividades multimedia interactivas que a aplicación coa que traballamos a semana pasada, hai moita variedade onde elixir.

Eu elaborei dúas actividades, unha delas trátase dunha actividade para clasificar metáforas co seu significado e a segunda actividade sobre adiviñanzas, para unir a adiviñanza coa resposta correcta.

As dúas actividades están pensadas para levar a cabo nunha aula con todo o alumnado, dunha maneira inclusiva, pero especialmente están enfocadas para traballar co alumnado con TEA, xa que unha das características que presenta este alumnado é a dificultade para comprender as dobres intencións.

Por este motivo decidín enfocar estas actividades sobre este tema, para axudarlle a estes alumnos e alumnas a traballar coas dobres intencións a través das metáforas e das frases feitas.

Espero que vos guste. Vémonos pronto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario