miércoles, 28 de febrero de 2018

O noso Póster dixital!!

Moi boas a todas e a todos!!!


Despois de analizar varios recursos dixitais eleximos os que máis nos gustaron e nos resultaron máis útiles, e de eles realizamos as fichas correspondentes para a súa análise.

A continuación realizamos un póster sobre o noso proxecto onde incluímos alguns destes recursos. Ademáis, creamos unha nube de TAGS con numerosas palabras relacionadas co Trastorno de Espectro Autista, que conta cunha forma simbólica que son unhas mans representando a igualdade e a inclusión social. A maiores engadimos un código QR co que poderás acceder ao noso blog con calquer dispositivo móbil estés onde estés. 

Se queres acceder ao noso Póster, preme na imaxe!

Esperemos que vos resulte atractivo e de utilidade!!

Un saúdo!


martes, 20 de febrero de 2018

Recursos TIC

Moi boas a todos lectores e lectoras!

Estou de volta outra semana máis no blog para ensinarvos os recursos dixitais que eu elixín tras visualizar previamente diferentes webs de recursos.


Estes recursos dixitais que tiven que escoller podían ser de calquera materia, pero eu decanteime por elixir tres actividades da materia da mesma materia, música, xa que a considero fundamental na educación polos numerosos beneficios que aporta no desenvolvemento dos nenos e nenas.


Especialmente, centrándonos no noso caso, está demostrado que a música é unha ferramenta clave para traballar con alumnado con TEA, xa que inflúe no seu comportamento. A música axúdalle a este tipo de alumnado a relacionarse cos demais, fai que poidan chegar a encontrar emocións na música, que presten máis atención nas tarefas que realizan e permítelles comunicarse con outra linguaxe que non é a verbal...

As dúas primeiras actividades que escollín son dúas actividades moi sinxelas para traballar con varias notas musicais notas musicais, cos seus sons e o seu lugar no pentagrama. A terceira actividade trabállanse diversos contidos (cancións, partituras, xeografía, instrumentos...) relacionados todos eles co tema das cancións populares infantís. 

O primeiro recurso é unha actividade didáctica (Qué nota suena) para practicar as notas musicais sol e mi. Trátase de colocalas no seu lugar adecuado do pentagrama dependendo do son de piano que se escoite.


A segunda é una actividade moi sinxela (Simón musical), dividida por dificultade en dous niveis. Nela aparecen tres notas musicais nos seus correspondentes pentagramas, a continuación un piano toca unha serie musical con esas tres notas, o neno ou nena ten que clicar encima das notas intentando repetir a serie completa de sons.

Por último escollín unha secuencia didáctica (Canciones populares infantiles) para traballar as cancións populares infantís do folclore español, do folclore doutros pobos,  bailes e xogos...





Máis recursos TIC

Boas Tardes lectores y lectoras!!

Despois de buscar nas páxinas recomendadas polo noso profesor de Novas Tecnoloxías atopei outros recursos que nos serven para o noso proxecto sobre o TEA.
Principalmente houbo tres xogos que chamaron moito a miña atención, e me parecen moi didácticos e interesantes. 

O primeiro que seleccionei foi un xogo (clic aquí) que repasa o vocabulario en inglés dos principais obxetos que podes encontrar nunha clase. Escoitando ao profesor e señalando o obxeto. Gustoume moito xa que o sonido é moi claro e entendese ben, é un xogo chamativo e moi entretido que opino que os nenos e nenas vanse divertir á vez que reforzan o idioma.

O segundo que atopei é de matemáticas, consiste en elaborar fraccións. Consta de dous niveis de dificultade e tes que escribir as fraccións coa axuda da representación visual.

Para rematar, o último dos recursos que busquei é de música, onde te axuda a repasar as principais familias instrumentais: corda, vento e percusión a través de diversas actividades. Para acceder ao xogo pulsa aquí.



Espero que vos gusten moito!! Un saúdo.



martes, 13 de febrero de 2018

Recursos

Ola de novo, Lectores e Lectoras!


Esta semana estivemos buscando información coa axuda que nos proporcionou o noso profesor de Novas Tecnoloxías coas páxinas que nos facilitou na carpeta "Para buscar nova información". Nestas páxinas web recollimos numerosos recursos tecnolóxicos relacionados co noso proxecto, que son as pizarras dixitais, para realizar na aula. Aquí tedes tres exemplos!

O primeiro recurso que quero mostrarvos tratase dunha actividade para a asignatura de Sociais, para nenos e nenas de terceiro ou cuarto de primaria, onde o alumnado aprenderá, asimilará e relacionará conceptos sobre o tema dos oficios. Este recurso, que resulta moi atractivo para os alumnos e alumnas xa que conta con numerosas imáxes, temas e cores, foi recollido en Cristic.

                  




En segundo lugar quería ensinarvos unha actividade chamada "Dime la hora", realizada para a asignatura de Matemáticas para nenos en nenas de cuarto de primaria, onde traballarán e perfeccionarán o seu coñecemento sobre as horas do reloxo. Este recurso é  moi atractivo e motivador, polo que o alumnado realizará unha aprendizaxe completa de forma lúdica.

                            

Por último, temos un recurso tecnolóxico dirixido a alumnos a partir de 9 anos polo que é perfecto para cuarto curso. Neste recurso os alumnos disporán da posibilidade de mellorar e entender á perfección a complexidade das simetrías, contando con diferentes niveis de dificultade e numeroso exercicios que resultaránlle de utilidade neste tema de Matemáticas. Para acceder á actividade soamente tes que premer aquí.

 

Deste xeito é moito máis divertido aprender! 
Espero que vos gustaran estes recursos tecnolóxicos tanto coma a mín, un saúdo!