martes, 13 de febrero de 2018

Recursos

Ola de novo, Lectores e Lectoras!


Esta semana estivemos buscando información coa axuda que nos proporcionou o noso profesor de Novas Tecnoloxías coas páxinas que nos facilitou na carpeta "Para buscar nova información". Nestas páxinas web recollimos numerosos recursos tecnolóxicos relacionados co noso proxecto, que son as pizarras dixitais, para realizar na aula. Aquí tedes tres exemplos!

O primeiro recurso que quero mostrarvos tratase dunha actividade para a asignatura de Sociais, para nenos e nenas de terceiro ou cuarto de primaria, onde o alumnado aprenderá, asimilará e relacionará conceptos sobre o tema dos oficios. Este recurso, que resulta moi atractivo para os alumnos e alumnas xa que conta con numerosas imáxes, temas e cores, foi recollido en Cristic.

                  




En segundo lugar quería ensinarvos unha actividade chamada "Dime la hora", realizada para a asignatura de Matemáticas para nenos en nenas de cuarto de primaria, onde traballarán e perfeccionarán o seu coñecemento sobre as horas do reloxo. Este recurso é  moi atractivo e motivador, polo que o alumnado realizará unha aprendizaxe completa de forma lúdica.

                            

Por último, temos un recurso tecnolóxico dirixido a alumnos a partir de 9 anos polo que é perfecto para cuarto curso. Neste recurso os alumnos disporán da posibilidade de mellorar e entender á perfección a complexidade das simetrías, contando con diferentes niveis de dificultade e numeroso exercicios que resultaránlle de utilidade neste tema de Matemáticas. Para acceder á actividade soamente tes que premer aquí.

 

Deste xeito é moito máis divertido aprender! 
Espero que vos gustaran estes recursos tecnolóxicos tanto coma a mín, un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario