martes, 6 de febrero de 2018

Proxecto

Boas lectores e lectoras!

Despois da primeira entrada presentándome, estou aquí de novo para contarvos o que fixemos esta semana, que se tratou de mirar os blogs dos nosos compañeiros e compañeiras de outros anos para quitar ideas deles e ver como estaban enfocados os seus proxectos.

Relacionado co tema do Trastorno de Espectro Autista atopei un blog do curso pasado (2016-102017) sobre a Diversidade nas Aulas. Este blog pareceume moi interesante pola súa edición (entre outras cousas, ó abrir a páxina soa unha canción relacionada coa diversidade) e organización. Presenta as ideas moi claras e ben explicadas, acompañadas de textos e vídeos. Creo que me vai ser de moita utilidade quitar ideas e inspirarme neste blog á hora de realizar as nosas actividades, xa que nel aparecen explicadas as actividades detalladamente como son os mandalas para colorear antes de facer outras actividades máis complexas nas aulas, as sopas de letras, os puzzles...

O noso proxecto faremolo sobre a pizarra dixital interactiva, xa que foi o proxecto que máis nos gustou e cremos que lle podemos sacar un bo proveito, tendo outros proxectos xa rematados doutros anos creo que nos vai resultar moito máis doado realizar o noso proxecto.

Espero que vos guste. Un saúdo lectores e lectoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario