Moi boas a todos lectores e lectoras!
Estou de volta outra semana máis
no blog para ensinarvos os recursos dixitais que eu elixín tras visualizar
previamente diferentes webs de recursos.
Estes recursos dixitais que tiven que escoller podían
ser de calquera materia, pero eu decanteime por elixir tres actividades da
materia da mesma materia, música, xa que a considero fundamental na educación polos numerosos
beneficios que aporta no desenvolvemento dos nenos e nenas.
Especialmente, centrándonos no
noso caso, está demostrado que a música é unha ferramenta clave para traballar
con alumnado con TEA, xa que inflúe no seu comportamento. A música axúdalle a
este tipo de alumnado a relacionarse cos demais, fai que poidan chegar a encontrar emocións na música, que presten máis atención nas tarefas que realizan e permítelles
comunicarse con outra linguaxe que non é a verbal...
As dúas primeiras actividades que escollín son dúas actividades moi sinxelas para traballar con varias notas musicais notas musicais, cos seus sons e o seu lugar no pentagrama. A terceira actividade trabállanse diversos contidos (cancións, partituras, xeografía, instrumentos...) relacionados todos eles co tema das cancións populares infantís.
O primeiro recurso é unha actividade didáctica (Qué nota suena) para practicar as notas musicais sol e mi. Trátase de colocalas no seu lugar adecuado do pentagrama dependendo do son de piano que se escoite.
A segunda é una
actividade moi sinxela (Simón musical), dividida por dificultade en dous niveis. Nela aparecen
tres notas musicais nos seus correspondentes pentagramas, a continuación un
piano toca unha serie musical con esas tres notas, o neno ou nena ten que
clicar encima das notas intentando repetir a serie completa de sons.
Por último escollín unha
secuencia
didáctica (Canciones populares infantiles) para traballar as cancións populares infantís do folclore español, do
folclore doutros pobos, bailes e xogos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario