viernes, 11 de mayo de 2018

A presentación do proxecto

Bos días a todos e todas!

Hoxe traemos a presentación que servirá de apoio para a exposición oral sobre o noso proxecto.

Nesta presentación falamos do proxecto que eliximos e o do seu tema, o TEA. Tamén de todas as actividades realizadas ata a data, clasificadas pola plataforma TIC que usamos para crealas e cunha secuenciación didáctica ao final clasificada en materias.

Todas as actividades irán acompañadas cos seus ligazóns para poder acceder a elas.

Para poder vela preme aquí.

Esperamos que vos guste!

jueves, 10 de mayo de 2018

Despedida!


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos a última entrada neste blog, veño a despedirme de todos e todas e a contarvos un pouco cómo foi para min o transcurso deste cuadrimestre nesta materia, Novas Tecnoloxías.

En primeiro lugar quero dicir que tras cursala pareceume unha materia moi importante para a miña formación , pero na miña opinión non conta coas horas coas que debería. Neste grado non volve a haber unha materia que trate estes contidos dunha forma práctica como foi esta, polo que considero que se lle debería dar máis importancia facendo que fose unha materia máis longa ou senón incluíndo outras materias relacionadas con ela ao longo do grado.

Aínda que a materia foi curta, considero que as horas estiveron moi ben aproveitas. Aprendín a facer moitas cousas das que antes non sabía nin que eu as puidera facer sola. Empezando pola creación do noso blog (recurso co que tras traballar con el o considero moi sinxelo e moi útil nunha para utilizar nunha aula), seguindo pola creación do Póster Dixital, a elaboración dun StopMotion,  unha Caza do Tesouro, e moitas actividades multimedia máis.

En definitiva considéroa unha materia moi útil polo feito de poder levar todos os contidos aprendidos a unha aula e saber como utilizalos.

Espero que o noso blog vos fora tan útil como me resultou a min, e que con el puiderades aprender un pouco do moito que eu aprendín.

Un saúdo e ata sempre lectores e lectoras!

Reflexión sobre os proxectos!


Moi boas lectores e lectoras!

Esta xa é unha das últimas entradas que farei neste blog, e hoxe veño a contarvos un pouco como foi a elaboración do noso Proxecto Final, o cal expuxemos esta semana na aula para os nosos compañeiros e compañeiras e para os nosos dous mestres.

O noso Proxecto Final, como xa sabedes é sobre a Pizarra Interactiva Dixital e trata o tema do TEA. Nós o que fixemos foi unha presentación con Power Point que nos sirva para proxectar na pizarra e que nela se encontren todas as actividades multimedia que elaboramos para o noso alumnado co seu correspondente ligazón, para poder ir directamente a elas.

Estruturamos o noso proxecto na orde na cal fumos facendo as actividades ao longo do cuadrimestre, agrupándoas por programas. Ao final do proxecto puxemos unha secuencia didáctica na cal agrupamos as actividades por materia, coa finalidade de facilitarlle unha visión máis clara  ao alumnado sobre cómo levaremos a cabo esas actividades na aula.

Na entrada grupal atoparedes a ligazón ao noso proxecto.

Estou moi satisfeita do resultado deste proxecto e espero que vos guste tanto como a min! Un saúdo!

Despedida!


Boi boas lectores e lectoras!

Último día que vos escribo por aquí... veño a despedirme e a facer unha pequena reflexión do que me aportou este blog e a materia para a que o realicei.

Novas Tecnoloxías é unha materia moi esixente, pero que da o seu froito... e vese no transcurso do cuadrimestre. Cando empezamos non tiñamos a facilidade e a habilidade de traballo que conseguimos no dominio das TIC. Require de esforzo e traballo diario, posto que son moitas as tarefas que hai que realizar, pero si se leva ao día todo é posible. En resumen, considero que me serviu de gran utilidade e nun futuro lle sacarei moito partido ao aprendido.

Moitas gracias por acompañarnos nesta experiencia e espero que vos servirá de utilidade as cousiñas que fomos subindo.

Un saúdo e ata sempre lectoras e lectores!

Reflexión sobre os proxectos!

Moi boas lectoras e lectores!



O curso está tocando o seu fin, onte mércores  os meus compañeiro/as  e eu, por grupos, fixemos a exposición do noso proxecto final para a asignatura de Novas Tecnoloxías, na que creamos este Blog.

Todos os grupo, un total de cinco, presentamos os nosos proxectos, as temáticas foron  moi variadas a pesar de ser todas referidos as TIC na educación. Había proxectos dedicados a Pizarra Díxital, a revistas dixitais, e-books, xonales dixitais, páxinas web...
Todos eles me pareceron moi interesantes para levar a práctica nun futuro coma docente.  

Para ver o que preparamos nos podedelo ver na entrada anterior. Espero que vos guste e un saúdo.


Despedida!

Moi boas de novo!

Hoxe, nesta entrada, veño despedirme de vos e deixovos unha reflexión sobre a materia.

En primer lugar estaba asustada co que me suporía esta materia, xa que teño problemas coas tecnoloxías e paréceme algo moi complicado, pero pouco a pouco conseguín máis fluidez.

Por outro lado pareceme moi importante na nosa formación e encantame que aprenderamos a usar tantas ferramentas para crear actividades didácticas xa que creo que lle daremos moita utilidade, xa que, como ben sabemos, a tenoloxía é o futuro!

Sempre terei moi presente todo o aprendido!
Un saúdo!

Reflexión sobre os proxectos!

Moi boas!

Hoxe vouvos comentar sobre as exposicións realizadas o mércores sobre os proxectos finais na miña clase.

Durante as exposición puidemos observar que había unha gran veriedade de temas, ferramentas e proxectos. Parecéronme todos moi interesantes e sobre todo moi útiles na miña futura labor docente.Ao final de todo os profesores presentes deron a súa opinión e valoración xeral e aportáronnos pautas e  consellos para próximas exposicións.

Se queredes ver o noso proxecto, atópase nas entradas anteriores!
Un saúdo!

Despedida!

Bos días de novo!

Nesta publicación veño a despedirme e a facer unha pequena reflexión sobre esta materia, estamos rematando o noso curso e aproxímanse xa os exames. 

Esta asignatura ao principio estresoume un montón, xa que non son moi boa cos ordeadores, e me asustaba soamente vendo o cronograma e todas as cousas que tiñamos que facer. Outra gran dificultade para min foi facer este proxecto en lingua galega, pero pouco a pouco ca axuda das compañeiras e dos profesores puiden facer todo o demandado por eles.
Finalmente decir que esta asignatura me pareceu moi útil, descubrimos un montón de plataformas e ferramentas para crear actividades de todo tipo, e estou segura que nun futuro nos servirán como gran apoio para facelas nunha clase real.

Gracias por acompañarnos nesta gran experiencia! 
Un saúdo, ata sempre!!!


Reflexión sobre os proxectos!

Bos días lectores e lectoras!


Hoxe traiovos una pequena reflexión sobre os proxectos espostos o pasado mercores na clase de Novas Tecnoloxías.
Todos os grupos presentaron proxectos moi variados, e me pareceron todos moi boas propostas para levar a cabo nun futuro como docente. Agradecemos a todos os profesores que ao final das exposiciones deronnos un feedback, consellos para mellorar as presentaciones e exposiciones, teremolo en conta para as seguintes que teñamos que facer.

Para poder ver a nosa presentación, podedes consultala nas entradas anteriores. 
Un saúdo!!!

lunes, 7 de mayo de 2018

Informe final

Boas lectores e lectoras!

Xa estamos na recta final! Hoxe traémosvos o informe final do noso proxecto.

Neste informe explicaremos cada parte do proxecto, e o procedemento seguido para a realización de cada actividade.

No informe final tratamos puntos como a xustificación, onde expomos as razóns polas que escollemos este proxecto, decantámonos pola Pizarra Dixital Interactiva. Ademais, consta tamén dun contexto sobre o centro e o alumnado, un contexto curricular, e unha breve descrición das actividades que incluímos, especificando o nome, unha breve descrición, os recursos empregados, o lugar de realización, o persoal necesario, a agrupación do alumno e duración de cada unha das actividades, e para finalizar, unha pequena conclusión onde reflexionamos sobre a elaboración do noso proxecto.


Podes velo aquí!
Un saúdo!

A nosa secuencia!

Moi boas lectores e lectoras!

Nesta entrada vos traemos a secuencia de actividades que propuxemos para facelas na clase, o noso tema é o TEA e eliximos unha temática multidisciplinar que abarca case todas as materias, decidimos facer máis actividades de ciencias da natureza e de valores sociais e cívicos. Agrupamos cada actividade por materia.
Para ver a secuencia podrás consultala na entrada da presentación do noso proxecto!

Esperamos que vos gusten, un saúdo!

domingo, 6 de mayo de 2018

Actividades multimedia IV

Ola de novo lectoras e lectores!

Outra semana máis seguindo a mesma dinámica, por cuarta semana consecutiva realizando actividades multimedia, pero esta vez a última.

Esta semana realicei un mapa conceptual por medio da aplicación Mindomo

A actividade, ao igual que as da semana anterior, están pensadas para traballar en clase por medio da pizarra dixital, realizando un traballo inclusivo do alumnado ao traballar cooperativamente. Tratase de un mapa conceptual para utilizar como reforzo para a asignatura de Ciencias Naturais. 

Premendo aquí podedes consultar o mapa conceptual.


Espero que vos sirva de utilidade e ata a semana que ven!

jueves, 3 de mayo de 2018

Actividades Multimedia IV


Moi boas lectores e lectoras!


Nesta nova entrada tráiovos o que fixemos na última clase.  A sesión desta semana foi a última que dedicamos á creación de actividades multimedia interactivas e fixémolo coa creación dunha actividade a través dun recurso de libre elección.

O recurso co que elaborei a miña actividade chámase Educima e este permitiume dunha forma moi sinxela facer unha sopa de letras sobre as emocións en inglés.

Ao ser a última actividade pareceume boa idea elixir este tema, xa que ao longo do noso blog traballamos moito coas emocións, posto que nos pareceu un tema importante para traballar co alumnado con TEA, como xa dixen noutras ocasións. Considero que despois de haber traballado arredor deste tema podería ser interesante traballar o mesmo noutra lingua, xa que seguirán traballando coas emocións e ao mesmo tempo aprenderán vocabulario novo en inglés dunha maneira diferente, como pode ser con unha sopa de letras.

Con esta actividade damos fin a estas sesións creando actividade multimedia interactivas. Espero que vos fosen útiles estas actividades e que vos gustasen moito. Vémonos pronto!

martes, 1 de mayo de 2018

Actividades multimedia IV

Moi boas a todas e todos!

Hoxe, coma os anteriores días, traiovos outra actividades multimedia máis, esta vez creada a partir dunha ferramenta chamada Bubbl.us. Esta ferramenta atopase na carpeta "150 ferramentas para elaborar material.
Foi complicado atopar unha ferramenta que se axustase as nosas necesidades, e que funcionase correctamente, pois moitas daban erro ao intentar abrilas. Finalmente decanteime por Bubbl.us, a cal permite crear mapas conceptuais.

Neste caso tamén optei pola asignatura de Ciencias da Natureza, centrandonos nas características principais de cada un dos reinos existentes. 
Os mapas conceptuais pérmitennos organizar as ideas para unha mellos e mási sinxela asimilación. 
Esto é importantísimo para o alumnado con TEA, xa que teñen dificultades para establecer as ideas máis importantes e órdealas para estudalas, polo que esta actividades facilitaralle a aprendizaxe.

Espero que vos guste moito!

Actividades multimedia III

Ola de novo!

Hoxe, ao igual que as anteriores entradas, traiovos unhas novas actividades multimedia para a pizarra dixital.

Neste caso foron feitas cunha plataforma chamada Edilim, que permite crear varios tipos diferentes de actividades. Neste caso escollín a materia de ciencias da natureza para realizalas. A primeira actividade é un mapa conceptual sobre o desenvolvemento embrionario nos seres vivos. A segunda actividade é unha sopa de letras coas caracterísitcas  dos seres vivos.

Con estas actividades preténdese que o alumnado asimile de forma máis sinxela os  coñecementos aprendidos, e que o alumnado con TEA participe na resolución das actividades integrándose no grupo clase e favorecendo a súa dificultade para relacionarse.

Espero que vos gusten moito!