jueves, 10 de mayo de 2018

Despedida!


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos a última entrada neste blog, veño a despedirme de todos e todas e a contarvos un pouco cómo foi para min o transcurso deste cuadrimestre nesta materia, Novas Tecnoloxías.

En primeiro lugar quero dicir que tras cursala pareceume unha materia moi importante para a miña formación , pero na miña opinión non conta coas horas coas que debería. Neste grado non volve a haber unha materia que trate estes contidos dunha forma práctica como foi esta, polo que considero que se lle debería dar máis importancia facendo que fose unha materia máis longa ou senón incluíndo outras materias relacionadas con ela ao longo do grado.

Aínda que a materia foi curta, considero que as horas estiveron moi ben aproveitas. Aprendín a facer moitas cousas das que antes non sabía nin que eu as puidera facer sola. Empezando pola creación do noso blog (recurso co que tras traballar con el o considero moi sinxelo e moi útil nunha para utilizar nunha aula), seguindo pola creación do Póster Dixital, a elaboración dun StopMotion,  unha Caza do Tesouro, e moitas actividades multimedia máis.

En definitiva considéroa unha materia moi útil polo feito de poder levar todos os contidos aprendidos a unha aula e saber como utilizalos.

Espero que o noso blog vos fora tan útil como me resultou a min, e que con el puiderades aprender un pouco do moito que eu aprendín.

Un saúdo e ata sempre lectores e lectoras!

No hay comentarios:

Publicar un comentario