Moi boas lectores e lectoras!
Esta xa é unha das últimas
entradas que farei neste blog, e hoxe veño a contarvos un pouco como foi a
elaboración do noso Proxecto Final, o cal expuxemos esta semana na aula para os
nosos compañeiros e compañeiras e para os nosos dous mestres.
O noso Proxecto Final, como xa
sabedes é sobre a Pizarra Interactiva Dixital e trata o tema do TEA. Nós o que
fixemos foi unha presentación con Power Point que nos sirva para proxectar na
pizarra e que nela se encontren todas as actividades multimedia que elaboramos
para o noso alumnado co seu correspondente ligazón, para poder ir directamente a
elas.
Estruturamos o noso proxecto na
orde na cal fumos facendo as actividades ao longo do cuadrimestre, agrupándoas
por programas. Ao final do proxecto puxemos unha secuencia didáctica na cal
agrupamos as actividades por materia, coa finalidade de facilitarlle unha
visión máis clara ao alumnado sobre cómo
levaremos a cabo esas actividades na aula.
Na entrada grupal atoparedes a
ligazón ao noso proxecto.
Estou moi satisfeita do resultado
deste proxecto e espero que vos guste tanto como a min! Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario