martes, 1 de mayo de 2018

Actividades multimedia III

Ola de novo!

Hoxe, ao igual que as anteriores entradas, traiovos unhas novas actividades multimedia para a pizarra dixital.

Neste caso foron feitas cunha plataforma chamada Edilim, que permite crear varios tipos diferentes de actividades. Neste caso escollín a materia de ciencias da natureza para realizalas. A primeira actividade é un mapa conceptual sobre o desenvolvemento embrionario nos seres vivos. A segunda actividade é unha sopa de letras coas caracterísitcas  dos seres vivos.

Con estas actividades preténdese que o alumnado asimile de forma máis sinxela os  coñecementos aprendidos, e que o alumnado con TEA participe na resolución das actividades integrándose no grupo clase e favorecendo a súa dificultade para relacionarse.

Espero que vos gusten moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario