Moi boas lectores e lectoras!
Nesta nova entrada tráiovos o que fixemos na última
clase. A sesión desta semana foi a
última que dedicamos á creación de actividades multimedia interactivas e fixémolo
coa creación dunha actividade a través dun recurso de libre elección.
O recurso co que elaborei a miña actividade chámase
Educima e este permitiume dunha forma moi sinxela facer unha sopa de letras
sobre as emocións en inglés.
Ao ser a última actividade pareceume boa idea elixir
este tema, xa que ao longo do noso blog traballamos moito coas emocións, posto
que nos pareceu un tema importante para traballar co alumnado con TEA, como xa
dixen noutras ocasións. Considero que despois de haber traballado arredor deste
tema podería ser interesante traballar o mesmo noutra lingua, xa que seguirán
traballando coas emocións e ao mesmo tempo aprenderán vocabulario novo en
inglés dunha maneira diferente, como pode ser con unha sopa de letras.
Con esta actividade damos fin a estas sesións creando
actividade multimedia interactivas. Espero que vos fosen útiles estas actividades
e que vos gustasen moito. Vémonos pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario