jueves, 10 de mayo de 2018

Despedida!

Bos días de novo!

Nesta publicación veño a despedirme e a facer unha pequena reflexión sobre esta materia, estamos rematando o noso curso e aproxímanse xa os exames. 

Esta asignatura ao principio estresoume un montón, xa que non son moi boa cos ordeadores, e me asustaba soamente vendo o cronograma e todas as cousas que tiñamos que facer. Outra gran dificultade para min foi facer este proxecto en lingua galega, pero pouco a pouco ca axuda das compañeiras e dos profesores puiden facer todo o demandado por eles.
Finalmente decir que esta asignatura me pareceu moi útil, descubrimos un montón de plataformas e ferramentas para crear actividades de todo tipo, e estou segura que nun futuro nos servirán como gran apoio para facelas nunha clase real.

Gracias por acompañarnos nesta gran experiencia! 
Un saúdo, ata sempre!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario