Ola de novo lectoras e lectores!
Outra semana máis seguindo a mesma dinámica, por terceria semana
consecutiva realizando actividades multimedia.
Esta semana realiceinas por medio de outra nova aplicación Edilim. Ata o de
agora foi a aplicación que máis posibilidades de tipos de actividades presentou.
É unha ferramenta moi moi completa para
o meu gusto.
Esta vez soamente elaborei dúas actividades que se presentan dentro de un
mesmo libro. A temática que escollín foi as frases feitas. A incapacidade do
alumnado que padece TEA para interpretalas fíxome decidirme por traballar isto
para que lle servise de apoio educativo.
A primeira de elas, e unha actividade de encaixar na que se debe relacionar
a frase feita coa palabra que a define. A segunda e moi parecida, é de
relacionar, tratase de relacionar a
frase coa súa frase explicativa.
As actividades, ao igual que as da semana anterior, están pensadas para
traballar en clase por medio da pizarra dixital, realizando un traballo inclusivo
do alumnado ao traballar cooperativamente.
Premendo aquí podedes consultar a actividade.
Espero que vos sirva de utilidade e ata a semana que ven!


