martes, 13 de marzo de 2018

Caza do tesouro


Olaaaaaa lectoras e lectores!

Hoxe vímosvos a contar un pouco sobre a nosa última tarefa ata o momento. Realizamos unha CAZA DO TESOURO.

Esta CAZA DO TESOURO está enfocada para nenos e nenas que se ven afectado polo TEA xa sexa en maior ou menor medida, concretamente para os que cursen 4º de Ed. Primaria.

Esta actividade realizase utilizando recursos dispoñibles na rede, pero débese respetar os dereitos de autor dos recursos utilizados durante a elaboración.
Respecto á estrutura, divídese en sete apartados. En primeiro lugar a introdución, un texto curto no que introducimos o tema principal. En segundo lugar temos as preguntas, que suman un total de sete, para que realice o destinatario do recurso. En terceiro lugar aparecen os recursos informativos necesarios para contestar as preguntas formuladas anteriormente. A continuación aparece a gran pregunta, que é onde valoraremos se os coñecementos que deberon adquirir tras haber analizado os recursos anteriores e respondido as preguntas son correctos. A seguinte pestana correspondese coa avaliación, onde se recolle como se vai a avaliar cada un dos apartados e que se vai avaliar. E por último os crédito onde se fai referencia a imaxe que aparece no fondo e se fan os agradecementos.
A temática que escollemos foron AS EMOCIÓNS. A elección débese a que o colectivo que padece TEA mostra serias dificultades para mostrar as súas emocións e recoñecer as do resto de persoas. Este tipo de alumnado ten alteración da expresión emocional.

A finalidade de realizar a tarefa é lograr que os nenos e nenas con TEA avancen un pouco cara o recoñecemento e a posibilidade de empatizar cos demais neste tema.

Os recursos que seleccionamos tratamos de que fosen o máis visuais posibles xa que teñen moi desatrollada este tipo de memoria, así facilitarémoslle o aprendizaxe.

A tarefa esta pensada para realizala de forma individual para que os nenos sexan capaces de interpretar o que senten eles mesmos, aínda que tamén se podería facer en grupo.
Aqui vos deixo a nosa CAZA DO TESOURO!!!
Preme aquí. 

Espero que vos guste e que vos sexa de utilidade. Unha forte aperta!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario