miércoles, 14 de marzo de 2018

Actividades multimedia I



Moi boas lectores e lectoras!

Esta semana veño a falarvos sobre as tres primeiras actividades multimedia interactivas que creei na sesión de hoxe. As tres vindeiras semanas seguiremos creando máis, xa vos irei contando.

As tres actividades están creadas coa plataforma Educaplay, unha plataforma dixital que permite crear numerosos recursos ou actividades educativas visuais. É unha ferramenta moi útil e sinxela de empregar.

A primeira actividade que elixín facer é unha actividade de relacionar columnas co tema da comunicación, xa que me pareceu un tema apropiado para traballar con nenos e nenas con TEA. Nela aparecen dúas columnas para unir, nunha delas aparecen os tipos de comunicación (comunicación oral, comunicación visual, xestual, sonora...) e na outra columna as imaxes correspondentes.


Considero importante incluír este tema dentro dos contidos a traballar, xa que xa traballamos co temas como as emocións, a importancia da amizade, os sentimentos... pero aínda non traballáramos co tema da comunicación. 

A comunicación é un tema no que este alumnado mostra grandes dificultades, as alteracións sociais na comunicación son importantes e duradeiras, afectando aos comportamentos verbais, mostrando incapacidade de relacionarse con iguais...  por iso é necesario traballar con eles para mellorar a comunicación e un xeito bo de empezar a traballar o tema é explicarlles os tipo de comunicación que existe.

As dúas seguintes actividades son pertencentes á materia de música, da que xa elaborei anteriormente outras actividades explicando o por que de escoller esta materia, a primeira delas é un crucigrama de instrumentos musicais e a segunda un test para clasificar os instrumentos nas súas correspondentes familias musicais.

Por último creei una secuncia de actividades na mesma plataforma para ter as tres actividades agrupadas.


Espero que vos guste. Vémonos pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario