martes, 20 de marzo de 2018

Actividades multimedia I

Bos días a todos e a todas!!



Hoxe traiovos unha colección de actividades feitas na plataforma Educaplay. Anteriormente compartinvos un recuso chamado Videoquiz feito ca mesma ferramenta, pero neste caso preséntovos unhas actividades diferentes.

Esta colección está composta de tres actividades, para a primeira actividade elexín un tema de ciencias naturais, concretamente a clasificación dos animais segundo a súa anatomía, tes que buscar seis exemplos de animais vertebrados e outros seis de animais invertebrados.

Para a segunda actividade escollín o tema de música, onde o alumnado ten que buscar e identificar os instrumentos nun mapa interactivo. Finalmente a última actividade é de relacionar columnas, o tema desta é a educación emocional, onde tes que relacionar cada emoción ca súa foto correspondente, pero as palabras están en inglés!

Como xa dixemos en outras entradas anteriores, o noso grupo elexiu o proxecto da pizarra dixital, e estas actividades están diseñadas para proxectalas nesta, o que buscamos con isto é fomentar o traballo en grupo e a participación activa do alumnado con TEA.

Deixovos aquí as actividades, un saúdo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario