Bos días lectores e lectoras!
En primeiro lugar vou contarvos unha nova! A partir de hoxe dedicaremos as seguintes tres entradas individuais á presentación das nosas actividades multimedia. Crearemos catro, a primeira a presentarei a continuación.
Hoxe tíñamos que crear unha colección multimedia cunha ferramenta TIC chamada Educaplay,composta por tres actividades multimedias.
Decanteime por crear unha actividade baseada nas emocións. As emocións son un aspecto moi importante que forma parte de todos os seres vivos, e que o alumnado con TEA ten dificultades para expresar e para comprender cando se dan noutras persoas. A actividade consiste en relacionar cada emoción co exemplo no que se identifica.Considerando a dificultade que teñen estes nenos e nenas con esta temática é unha actividade moi útil para familiarizalos coas situacións nas que se pode dar cada emoción.

En segundo lugar escollín unha actividade sobre a amizade, no que o alumnado terá que ordear as palabras para formar a definición de amizade. Esta actividade ten como obxectivo familiarizar ao alumnado con TEA co termo "amizade", para que asímilen o enriquecedoras que son as relacións cos demáis.
Por último realicei unha sopa de letras onde o alumnado terá que atopar cinco valores éticos, desta forma asimilarán a importancia destes valores, que son fundamentais para ter unhas boas relacións sociais.
Espero que vos resulte moi interesante e útil!
Deixovos aquí a colección coas tres actividades! Un saúdo!
Deixovos aquí a colección coas tres actividades! Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario