Moi boas lectores e lectoras!
De novo, outra semana máis polo blog,
veño a contarvos o que fixemos nesta sesión coas seguintes tres actividadesmultimedia interactivas.
Esta semana traballamos coa aplicación
HotPotatoes, plataforma dixital que permite crear recursos ou actividades
educativas visuais.
O contido das tres actividades que
elaborei pertence á materia de Ciencias Naturais de cuarto de educación
primaria.
A primeira actividade é un
encrucillado sobre animais invertebrados, o segundo recurso trátase dunha
actividade sobre os animais vertebrados na que hai que emparellar a columna da
esquerda con unha das cinco opcións da dereita e por último creei un test sobre
o reino das algas, fungos e bacterias.
Estas actividades están pensadas para
realizar unha vez finalizado o tema dos seres vivos, para relacionar os
contidos aprendidos na aula e que estes lle queden moito máis claros ao
alumnado.
Estas tres actividades pódense
traballar nunha aula ordinaria con todo o alumnado nas pizarras dixitais, dunha maneira
inclusiva. Polo que cabe destacar que axudarán ao alumnado con TEA a traballar con seus compañeiros e
compañeiras na aula, ao mesmo tempo que traballan as dificultades que poden
encontrar en relacionar as ideas ou contidos do tema.
Espero que vos guste. Vémonos pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario