Moi boas lectores e lectoras!
Esta semana veño a falarvos sobre
o recurso audiovisual que creei para o alumnado con TEA. Trátase de un stopmotion
sobre a amizade e a súa importancia.
Este recurso pareceume unha idea
moi orixinal e diferente de explicar un tema, dunha maneira divertida, que aos
nenos e nenas lles chamaría a atención. Creo que é un recurso que se pode aplicar a
todas as materias para explicar contidos moi diversos.
Como xa dixen, eu elixín o tema
da amizade porque o considero fundamental para traballar co alumnado con TEA,
xa que este alumnado mostra dificultades para iniciar ou manter conversacións
con iguais e para relacionarse con eles. Por este motivo escollín facer esta
actividade con este tema en concreto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario