Ola de novo lectoras e lectores!
Esta semana, e as próximas dúas pasareime para ensinarvos as ferramentas
TIC que estou a crar por medio de distintos programas.
Esta semana realicei tres actividades mediante a plataforma HotPotatoes. En
contra posición a anterior que utilicei, presenta menos variedade de posibles
actividades para crear.
Elaborei tes actividades, en primeiro lugar un crucigrama para traballar
vocabulario de xentilicios en galego. Esta ferramenta esta pensada para
utilizar na área de Lingua Galega e Literatura para traballar de forma máis
dinámica os aprendizaxes do currículo de dita asignara.
En segundo lugar, elaborei unha actividade de completar. Nesta trabállanse
as emocións. Aparece unha serie de características nunha frase que definen unha
emoción e os alumnos deberán de completar no oco coa palabra adecuada. A
finalidade desta e traballar as emocións de forma inclusiva nunha clase de
primaria, a pesar de que esta principalmente orientada ao alumnado con TEA, xa
que presenta dificultades para a interpretación de estas e precisa moito máis
apoio nesta área.
Por último, realicei un test sobre as clases de palabras. Tratase de un
material de apoio para traballar de forma colectiva nas clases da área de Lingua
Galega.
Todas as actividades están pensadas para traballar en clase por medio da
pizarra dixital, realizando un traballo inclusivo do alumnado ao traballar cooperativamente.
Premendo aquí podedes consultar as diferentes actividades, están por
separado e as tres xuntas nunha unidade didáctica.
Espero que vos sirva de utilidade e ata a semana que ven!
No hay comentarios:
Publicar un comentario