Ola lectores e lectoras!
Hoxe veño a falarvos sobre a
ferramenta que utilicei para a creación dun recurso audiovisual, fixen un
Stopmotion. O primeiro paso, e quizás o máis importante, foi a elección do
tema. Tendo en conta que todo o que realizamos neste Blog está pensado para
mellorar o aprendizaxe de nenos e nenas que padecen TEA, cunha idade entorno
aos 8-9 anos (4º Ed. Primaria), elixín o tema das emocións, estes cativos/as
soen ter problemas para empatizar coa xente e incluso expresar as súas propias emocións.
Esta foi a principal razón da elección do tema.
É un stopmotion breve, ten una duración
de 1 minuto e 8 segundos, apenas ten explicacións é meramente visual. Este
recurso esta pensado como introdución do tema das emocións. A idea é que os
nenos e nenas o vexan e identifiquen os emoticonos que aparecen co estado de
ánimo que lle corresponda.
Este colectivo ten una capacidade
destacable, posúen unha gran memoria visual. Considero que a visualización do
Stopmotion xunto con unha explicación breve da mestra ou mestre lle servirá de
moito para poder comezar a interpretar as súas propias emocións e as das
persoas que lle rodean. Permitindo un aprendizaxe visual, simple e divertido.
A hora de realizalo é unha tarefa
laboriosa, non é difícil nin se fai pesada pero leva moito tempo e require unha
boa organización e paciencia.
Debemos ter en conta todos os
materias que nos farán falta para levalo a cabo e establecer un orde. Eu para
realizala primeiro collín os emoticonos de internet e para imprimilos busquei
os máis representativos e a súa vez os que mais calidade tiveran. Fixen as
letras do título con folios de colores e escribín as emocións letra a letra,
para que o recurso tivese máis movemento.
Coloquei o escenario, que neste
caso era o escritorio, xa que é un taboleiro branco. Para colocar a cámara de
forma inmóbil situei dúas banquetas nos estremos da mesa e sobre elas dous paos
cunha base de cartón no medio, onde repousaba a cámara. A cámara non a movín
ata que rematei de sacar todas as fotos.
Para a realización escollín Movie
Maker. Este é un editor de vídeo que che permite crear ferramentas audiovisuais,
ben facendo un enlace de fotos, como é o Stopmotion, ou editar vídeos xa
elaborados. Considero que é unha aplicación moi práctica e a vez moi sinxela de
utilizar. Soamente tes que seleccionar todas as fotos e comprobar o que se introduciron
na orde correcta, comprobar que está ben dúas ou tres veces e poñer a música. En
apenas 40 minutos tiña o recurso finalizado.
Esto foi todo por hoxe, espero
que vos sirva de utilidade. Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario