viernes, 11 de mayo de 2018

A presentación do proxecto

Bos días a todos e todas!

Hoxe traemos a presentación que servirá de apoio para a exposición oral sobre o noso proxecto.

Nesta presentación falamos do proxecto que eliximos e o do seu tema, o TEA. Tamén de todas as actividades realizadas ata a data, clasificadas pola plataforma TIC que usamos para crealas e cunha secuenciación didáctica ao final clasificada en materias.

Todas as actividades irán acompañadas cos seus ligazóns para poder acceder a elas.

Para poder vela preme aquí.

Esperamos que vos guste!

jueves, 10 de mayo de 2018

Despedida!


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos a última entrada neste blog, veño a despedirme de todos e todas e a contarvos un pouco cómo foi para min o transcurso deste cuadrimestre nesta materia, Novas Tecnoloxías.

En primeiro lugar quero dicir que tras cursala pareceume unha materia moi importante para a miña formación , pero na miña opinión non conta coas horas coas que debería. Neste grado non volve a haber unha materia que trate estes contidos dunha forma práctica como foi esta, polo que considero que se lle debería dar máis importancia facendo que fose unha materia máis longa ou senón incluíndo outras materias relacionadas con ela ao longo do grado.

Aínda que a materia foi curta, considero que as horas estiveron moi ben aproveitas. Aprendín a facer moitas cousas das que antes non sabía nin que eu as puidera facer sola. Empezando pola creación do noso blog (recurso co que tras traballar con el o considero moi sinxelo e moi útil nunha para utilizar nunha aula), seguindo pola creación do Póster Dixital, a elaboración dun StopMotion,  unha Caza do Tesouro, e moitas actividades multimedia máis.

En definitiva considéroa unha materia moi útil polo feito de poder levar todos os contidos aprendidos a unha aula e saber como utilizalos.

Espero que o noso blog vos fora tan útil como me resultou a min, e que con el puiderades aprender un pouco do moito que eu aprendín.

Un saúdo e ata sempre lectores e lectoras!

Reflexión sobre os proxectos!


Moi boas lectores e lectoras!

Esta xa é unha das últimas entradas que farei neste blog, e hoxe veño a contarvos un pouco como foi a elaboración do noso Proxecto Final, o cal expuxemos esta semana na aula para os nosos compañeiros e compañeiras e para os nosos dous mestres.

O noso Proxecto Final, como xa sabedes é sobre a Pizarra Interactiva Dixital e trata o tema do TEA. Nós o que fixemos foi unha presentación con Power Point que nos sirva para proxectar na pizarra e que nela se encontren todas as actividades multimedia que elaboramos para o noso alumnado co seu correspondente ligazón, para poder ir directamente a elas.

Estruturamos o noso proxecto na orde na cal fumos facendo as actividades ao longo do cuadrimestre, agrupándoas por programas. Ao final do proxecto puxemos unha secuencia didáctica na cal agrupamos as actividades por materia, coa finalidade de facilitarlle unha visión máis clara  ao alumnado sobre cómo levaremos a cabo esas actividades na aula.

Na entrada grupal atoparedes a ligazón ao noso proxecto.

Estou moi satisfeita do resultado deste proxecto e espero que vos guste tanto como a min! Un saúdo!

Despedida!


Boi boas lectores e lectoras!

Último día que vos escribo por aquí... veño a despedirme e a facer unha pequena reflexión do que me aportou este blog e a materia para a que o realicei.

Novas Tecnoloxías é unha materia moi esixente, pero que da o seu froito... e vese no transcurso do cuadrimestre. Cando empezamos non tiñamos a facilidade e a habilidade de traballo que conseguimos no dominio das TIC. Require de esforzo e traballo diario, posto que son moitas as tarefas que hai que realizar, pero si se leva ao día todo é posible. En resumen, considero que me serviu de gran utilidade e nun futuro lle sacarei moito partido ao aprendido.

Moitas gracias por acompañarnos nesta experiencia e espero que vos servirá de utilidade as cousiñas que fomos subindo.

Un saúdo e ata sempre lectoras e lectores!

Reflexión sobre os proxectos!

Moi boas lectoras e lectores!



O curso está tocando o seu fin, onte mércores  os meus compañeiro/as  e eu, por grupos, fixemos a exposición do noso proxecto final para a asignatura de Novas Tecnoloxías, na que creamos este Blog.

Todos os grupo, un total de cinco, presentamos os nosos proxectos, as temáticas foron  moi variadas a pesar de ser todas referidos as TIC na educación. Había proxectos dedicados a Pizarra Díxital, a revistas dixitais, e-books, xonales dixitais, páxinas web...
Todos eles me pareceron moi interesantes para levar a práctica nun futuro coma docente.  

Para ver o que preparamos nos podedelo ver na entrada anterior. Espero que vos guste e un saúdo.


Despedida!

Moi boas de novo!

Hoxe, nesta entrada, veño despedirme de vos e deixovos unha reflexión sobre a materia.

En primer lugar estaba asustada co que me suporía esta materia, xa que teño problemas coas tecnoloxías e paréceme algo moi complicado, pero pouco a pouco conseguín máis fluidez.

Por outro lado pareceme moi importante na nosa formación e encantame que aprenderamos a usar tantas ferramentas para crear actividades didácticas xa que creo que lle daremos moita utilidade, xa que, como ben sabemos, a tenoloxía é o futuro!

Sempre terei moi presente todo o aprendido!
Un saúdo!

Reflexión sobre os proxectos!

Moi boas!

Hoxe vouvos comentar sobre as exposicións realizadas o mércores sobre os proxectos finais na miña clase.

Durante as exposición puidemos observar que había unha gran veriedade de temas, ferramentas e proxectos. Parecéronme todos moi interesantes e sobre todo moi útiles na miña futura labor docente.Ao final de todo os profesores presentes deron a súa opinión e valoración xeral e aportáronnos pautas e  consellos para próximas exposicións.

Se queredes ver o noso proxecto, atópase nas entradas anteriores!
Un saúdo!

Despedida!

Bos días de novo!

Nesta publicación veño a despedirme e a facer unha pequena reflexión sobre esta materia, estamos rematando o noso curso e aproxímanse xa os exames. 

Esta asignatura ao principio estresoume un montón, xa que non son moi boa cos ordeadores, e me asustaba soamente vendo o cronograma e todas as cousas que tiñamos que facer. Outra gran dificultade para min foi facer este proxecto en lingua galega, pero pouco a pouco ca axuda das compañeiras e dos profesores puiden facer todo o demandado por eles.
Finalmente decir que esta asignatura me pareceu moi útil, descubrimos un montón de plataformas e ferramentas para crear actividades de todo tipo, e estou segura que nun futuro nos servirán como gran apoio para facelas nunha clase real.

Gracias por acompañarnos nesta gran experiencia! 
Un saúdo, ata sempre!!!


Reflexión sobre os proxectos!

Bos días lectores e lectoras!


Hoxe traiovos una pequena reflexión sobre os proxectos espostos o pasado mercores na clase de Novas Tecnoloxías.
Todos os grupos presentaron proxectos moi variados, e me pareceron todos moi boas propostas para levar a cabo nun futuro como docente. Agradecemos a todos os profesores que ao final das exposiciones deronnos un feedback, consellos para mellorar as presentaciones e exposiciones, teremolo en conta para as seguintes que teñamos que facer.

Para poder ver a nosa presentación, podedes consultala nas entradas anteriores. 
Un saúdo!!!

lunes, 7 de mayo de 2018

Informe final

Boas lectores e lectoras!

Xa estamos na recta final! Hoxe traémosvos o informe final do noso proxecto.

Neste informe explicaremos cada parte do proxecto, e o procedemento seguido para a realización de cada actividade.

No informe final tratamos puntos como a xustificación, onde expomos as razóns polas que escollemos este proxecto, decantámonos pola Pizarra Dixital Interactiva. Ademais, consta tamén dun contexto sobre o centro e o alumnado, un contexto curricular, e unha breve descrición das actividades que incluímos, especificando o nome, unha breve descrición, os recursos empregados, o lugar de realización, o persoal necesario, a agrupación do alumno e duración de cada unha das actividades, e para finalizar, unha pequena conclusión onde reflexionamos sobre a elaboración do noso proxecto.


Podes velo aquí!
Un saúdo!

A nosa secuencia!

Moi boas lectores e lectoras!

Nesta entrada vos traemos a secuencia de actividades que propuxemos para facelas na clase, o noso tema é o TEA e eliximos unha temática multidisciplinar que abarca case todas as materias, decidimos facer máis actividades de ciencias da natureza e de valores sociais e cívicos. Agrupamos cada actividade por materia.
Para ver a secuencia podrás consultala na entrada da presentación do noso proxecto!

Esperamos que vos gusten, un saúdo!

domingo, 6 de mayo de 2018

Actividades multimedia IV

Ola de novo lectoras e lectores!

Outra semana máis seguindo a mesma dinámica, por cuarta semana consecutiva realizando actividades multimedia, pero esta vez a última.

Esta semana realicei un mapa conceptual por medio da aplicación Mindomo

A actividade, ao igual que as da semana anterior, están pensadas para traballar en clase por medio da pizarra dixital, realizando un traballo inclusivo do alumnado ao traballar cooperativamente. Tratase de un mapa conceptual para utilizar como reforzo para a asignatura de Ciencias Naturais. 

Premendo aquí podedes consultar o mapa conceptual.


Espero que vos sirva de utilidade e ata a semana que ven!

jueves, 3 de mayo de 2018

Actividades Multimedia IV


Moi boas lectores e lectoras!


Nesta nova entrada tráiovos o que fixemos na última clase.  A sesión desta semana foi a última que dedicamos á creación de actividades multimedia interactivas e fixémolo coa creación dunha actividade a través dun recurso de libre elección.

O recurso co que elaborei a miña actividade chámase Educima e este permitiume dunha forma moi sinxela facer unha sopa de letras sobre as emocións en inglés.

Ao ser a última actividade pareceume boa idea elixir este tema, xa que ao longo do noso blog traballamos moito coas emocións, posto que nos pareceu un tema importante para traballar co alumnado con TEA, como xa dixen noutras ocasións. Considero que despois de haber traballado arredor deste tema podería ser interesante traballar o mesmo noutra lingua, xa que seguirán traballando coas emocións e ao mesmo tempo aprenderán vocabulario novo en inglés dunha maneira diferente, como pode ser con unha sopa de letras.

Con esta actividade damos fin a estas sesións creando actividade multimedia interactivas. Espero que vos fosen útiles estas actividades e que vos gustasen moito. Vémonos pronto!

martes, 1 de mayo de 2018

Actividades multimedia IV

Moi boas a todas e todos!

Hoxe, coma os anteriores días, traiovos outra actividades multimedia máis, esta vez creada a partir dunha ferramenta chamada Bubbl.us. Esta ferramenta atopase na carpeta "150 ferramentas para elaborar material.
Foi complicado atopar unha ferramenta que se axustase as nosas necesidades, e que funcionase correctamente, pois moitas daban erro ao intentar abrilas. Finalmente decanteime por Bubbl.us, a cal permite crear mapas conceptuais.

Neste caso tamén optei pola asignatura de Ciencias da Natureza, centrandonos nas características principais de cada un dos reinos existentes. 
Os mapas conceptuais pérmitennos organizar as ideas para unha mellos e mási sinxela asimilación. 
Esto é importantísimo para o alumnado con TEA, xa que teñen dificultades para establecer as ideas máis importantes e órdealas para estudalas, polo que esta actividades facilitaralle a aprendizaxe.

Espero que vos guste moito!

Actividades multimedia III

Ola de novo!

Hoxe, ao igual que as anteriores entradas, traiovos unhas novas actividades multimedia para a pizarra dixital.

Neste caso foron feitas cunha plataforma chamada Edilim, que permite crear varios tipos diferentes de actividades. Neste caso escollín a materia de ciencias da natureza para realizalas. A primeira actividade é un mapa conceptual sobre o desenvolvemento embrionario nos seres vivos. A segunda actividade é unha sopa de letras coas caracterísitcas  dos seres vivos.

Con estas actividades preténdese que o alumnado asimile de forma máis sinxela os  coñecementos aprendidos, e que o alumnado con TEA participe na resolución das actividades integrándose no grupo clase e favorecendo a súa dificultade para relacionarse.

Espero que vos gusten moito!

lunes, 30 de abril de 2018

Actividades Multimedia IV

Moi Boas a todas e todos de novo!!!

Para esta semana tivemos que elexir entre outra nova plataforma entre as "150 ferramentas para elaborar material". Para min foi moi complicado elixir unha, xa que moitas delas non te deixaban acceder, o eran difíciles de comprender. Despois de probar un par delas, sin resultado, xa que o non as sabía gardar ou non había que facer nada, xa que as actividades xerábanse por sí soas, decidín facer outro mapa conceptual, como dúas das miñas compañeiras. 
Para facelo elexín a plataforma Bubbl.us xa que foi unha das poucas que me deixou abrila, e era de fácil comprensión. Para elaborar o dito mapa, ocorreuseme a idea das enerxías e a súa clasificación.
Os mapas conceptuais son moi útiles á hora de planificar as ideas, e para memorizar a materia dunha forma máis clara e sinxela. Aos alumnos con TEA cóstalles a organización e a planificación, polo que axudáremoslles a clarificar as ideas a través destes.

Espero que os sexa moi útil!!

Actividades Multimedia III

Mois boas a todos e a todas!!

Hoxe traiovos outras dúas actividades feitas por unha plataforma chamada Edilim. Ésta é unha ferramenta que ao igual cas outras que publicamos anteriormente, permíteche crear actividades multimedia interactivas.
Para estas actividades elexín de novo a materia de ciencias da natureza. Na primeira actividade hai que relacionar as ganderías co tipo de animal. Na segunda actividade o alumnado ten que clasificar unha serie de imaxes de animais según estes sexan restís ou anfibios.
Con este tipo de actividades o que buscamos e a participación de todo o alumnado, e buscar unha clara e dinámica de asentar os conceptos aprendidos en clase. Son actividades que chaman a atención, e buscamos que o alumnado con TEA preste dita atención, e colabore á hora de resolver as actividades. Buscamos potenciar o traballo en grupo e a axuda mutua.

Espero que os sexan de utilidade e vos gusten moito!!

sábado, 28 de abril de 2018

Actividades Multimedia III


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos as dúas actividades multimedia interactivas que fixemos nesta sesión.

Esta vez traballos cunha nova aplicación coa que nunca antes traballara, Edilim. Edilim é unha plataforma dixital que permite crear moitos máis recursos ou actividades multimedia interactivas que a aplicación coa que traballamos a semana pasada, hai moita variedade onde elixir.

Eu elaborei dúas actividades, unha delas trátase dunha actividade para clasificar metáforas co seu significado e a segunda actividade sobre adiviñanzas, para unir a adiviñanza coa resposta correcta.

As dúas actividades están pensadas para levar a cabo nunha aula con todo o alumnado, dunha maneira inclusiva, pero especialmente están enfocadas para traballar co alumnado con TEA, xa que unha das características que presenta este alumnado é a dificultade para comprender as dobres intencións.

Por este motivo decidín enfocar estas actividades sobre este tema, para axudarlle a estes alumnos e alumnas a traballar coas dobres intencións a través das metáforas e das frases feitas.

Espero que vos guste. Vémonos pronto!


miércoles, 28 de marzo de 2018

Actividades multimedia III

Ola de novo lectoras e lectores!

Outra semana máis seguindo a mesma dinámica, por terceria semana consecutiva realizando actividades multimedia.

Esta semana realiceinas por medio de outra nova aplicación Edilim. Ata o de agora foi a aplicación que máis posibilidades de tipos de actividades presentou.  É unha ferramenta moi moi completa para o meu gusto.

Esta vez soamente elaborei dúas actividades que se presentan dentro de un mesmo libro. A temática que escollín foi as frases feitas. A incapacidade do alumnado que padece TEA para interpretalas fíxome decidirme por traballar isto para que lle servise de apoio educativo.
A primeira de elas, e unha actividade de encaixar na que se debe relacionar a frase feita coa palabra que a define. A segunda e moi parecida, é de relacionar,  tratase de relacionar a frase coa súa frase explicativa.

As actividades, ao igual que as da semana anterior, están pensadas para traballar en clase por medio da pizarra dixital, realizando un traballo inclusivo do alumnado ao traballar cooperativamente.

Premendo aquí podedes consultar a actividade.


Espero que vos sirva de utilidade e ata a semana que ven!

domingo, 25 de marzo de 2018

Actividades multimedia II

Bos días lectores e lectoras!

Nesta entrada traiovos tres recursos creados coa ferramenta Hotpotatoes, que permite crear diferentes actividades multimedia.

Estas actividades están dirixidas ao alumnado de 4º de Primaria, para realizar coa pizarra dixital, favorecendo o traballo en equipo e a inclusión dos nenos con TEA no grupo clase, ademais de axudar ao aprendizaxe deste tema dunha forma máis interactiva e atractiva para o alumnado.

Unha das actividades trata de encher os ocos das oracións cos nomes dos sentidos que corresponden a cada definición. Outra actividade trata de ordear as palabras para crear a definición do aparello dixestivo. E por último, atoparás tamén un test sobre a reprodución dos seres vivos.

Para ver as actividades podes premer aquí.

Ata a próxima lectores, espero que vos sexa de axuda!


jueves, 22 de marzo de 2018

Actividades Multimedia II

Bos días!!!

Esta semana tocounos traballar co programa HotPotatoes, é outra plataforma que serve para crear diferentes actividades multimedia.

Creamos cada unha das miñas compañeiras e máis eu tres exercicios interactivos con este software.

Como ben dixen noutras publicacións eleximos o proxecto da pizarra dixital, e elaboramos estas actividades para poder realizalas en clase, de forma cooperativa entre o alumnado.

Para realizar a primeira actividade elexín facer un crucigrama ca opción Jcross, para facelo escollín a materia de inglés, máis concretamente as partes do corpo, optei por poñer as pistas en inglés, é un exercicio cun pouco máis de dificultade, pero como o van a realizar todos xuntos na clase, se teñen algunha duda de traducción estará o profesor para axudalos/as.


A segunda actividade a fixen dende Jquiz, esto te permite facer un test e para ello escollín a materia de ciencias da natureza. Nesta actividade se presentan tres preguntas con respuesta múltiple na que só una delas é a resposta correcta.

E por último ca axuda de Jmatch, fixen a derradeira actividade, tamén de ciencias da natureza, esta vez do relieve do interior. A finalidade desta actividade e averiguar a palabra que describe a definición dada.


Para acceder a ditas actividades preme aquí.


Espero que vos gusten moito as actividades e vos sexan de moita utilidade!



miércoles, 21 de marzo de 2018

Actividades multimedia II

Ola de novo lectoras e lectores!

Esta semana, e as próximas dúas pasareime para ensinarvos as ferramentas TIC que estou a crar por medio de distintos programas.

Esta semana realicei tres actividades mediante a plataforma HotPotatoes. En contra posición a anterior que utilicei, presenta menos variedade de posibles actividades para crear.

Elaborei tes actividades, en primeiro lugar un crucigrama para traballar vocabulario de xentilicios en galego. Esta ferramenta esta pensada para utilizar na área de Lingua Galega e Literatura para traballar de forma máis dinámica os aprendizaxes do currículo de dita asignara.

En segundo lugar, elaborei unha actividade de completar. Nesta trabállanse as emocións. Aparece unha serie de características nunha frase que definen unha emoción e os alumnos deberán de completar no oco coa palabra adecuada. A finalidade desta e traballar as emocións de forma inclusiva nunha clase de primaria, a pesar de que esta principalmente orientada ao alumnado con TEA, xa que presenta dificultades para a interpretación de estas e precisa moito máis apoio nesta área.

Por último, realicei un test sobre as clases de palabras. Tratase de un material de apoio para traballar de forma colectiva nas clases da área de Lingua Galega.

Todas as actividades están pensadas para traballar en clase por medio da pizarra dixital, realizando un traballo inclusivo do alumnado ao traballar cooperativamente.

Premendo aquí podedes consultar as diferentes actividades, están por separado e as tres xuntas nunha unidade didáctica.



Espero que vos sirva de utilidade e ata a semana que ven!

Actividades multimedia II

Moi boas lectores e lectoras!

De novo, outra semana máis polo blog, veño a contarvos o que fixemos nesta sesión coas seguintes tres actividadesmultimedia interactivas.

Esta semana traballamos coa aplicación HotPotatoes, plataforma dixital que permite crear recursos ou actividades educativas visuais.

O contido das tres actividades que elaborei pertence á materia de Ciencias Naturais de cuarto de educación primaria.

A primeira actividade é un encrucillado sobre animais invertebrados, o segundo recurso trátase dunha actividade sobre os animais vertebrados na que hai que emparellar a columna da esquerda con unha das cinco opcións da dereita e por último creei un test sobre o reino das algas, fungos e bacterias.

Estas actividades están pensadas para realizar unha vez finalizado o tema dos seres vivos, para relacionar os contidos aprendidos na aula e que estes lle queden moito máis claros ao alumnado.

Estas tres actividades pódense traballar nunha aula ordinaria con todo o alumnado nas pizarras dixitais, dunha maneira inclusiva. Polo que cabe destacar que axudarán ao alumnado con TEA  a traballar con seus compañeiros e compañeiras na aula, ao mesmo tempo que traballan as dificultades que poden encontrar en relacionar as ideas ou contidos do tema.

Espero que vos guste. Vémonos pronto!

martes, 20 de marzo de 2018

Actividades multimedia I

Bos días a todos e a todas!!



Hoxe traiovos unha colección de actividades feitas na plataforma Educaplay. Anteriormente compartinvos un recuso chamado Videoquiz feito ca mesma ferramenta, pero neste caso preséntovos unhas actividades diferentes.

Esta colección está composta de tres actividades, para a primeira actividade elexín un tema de ciencias naturais, concretamente a clasificación dos animais segundo a súa anatomía, tes que buscar seis exemplos de animais vertebrados e outros seis de animais invertebrados.

Para a segunda actividade escollín o tema de música, onde o alumnado ten que buscar e identificar os instrumentos nun mapa interactivo. Finalmente a última actividade é de relacionar columnas, o tema desta é a educación emocional, onde tes que relacionar cada emoción ca súa foto correspondente, pero as palabras están en inglés!

Como xa dixemos en outras entradas anteriores, o noso grupo elexiu o proxecto da pizarra dixital, e estas actividades están diseñadas para proxectalas nesta, o que buscamos con isto é fomentar o traballo en grupo e a participación activa do alumnado con TEA.

Deixovos aquí as actividades, un saúdo! 

miércoles, 14 de marzo de 2018

Actividades multimedia I



Moi boas lectores e lectoras!

Esta semana veño a falarvos sobre as tres primeiras actividades multimedia interactivas que creei na sesión de hoxe. As tres vindeiras semanas seguiremos creando máis, xa vos irei contando.

As tres actividades están creadas coa plataforma Educaplay, unha plataforma dixital que permite crear numerosos recursos ou actividades educativas visuais. É unha ferramenta moi útil e sinxela de empregar.

A primeira actividade que elixín facer é unha actividade de relacionar columnas co tema da comunicación, xa que me pareceu un tema apropiado para traballar con nenos e nenas con TEA. Nela aparecen dúas columnas para unir, nunha delas aparecen os tipos de comunicación (comunicación oral, comunicación visual, xestual, sonora...) e na outra columna as imaxes correspondentes.


Considero importante incluír este tema dentro dos contidos a traballar, xa que xa traballamos co temas como as emocións, a importancia da amizade, os sentimentos... pero aínda non traballáramos co tema da comunicación. 

A comunicación é un tema no que este alumnado mostra grandes dificultades, as alteracións sociais na comunicación son importantes e duradeiras, afectando aos comportamentos verbais, mostrando incapacidade de relacionarse con iguais...  por iso é necesario traballar con eles para mellorar a comunicación e un xeito bo de empezar a traballar o tema é explicarlles os tipo de comunicación que existe.

As dúas seguintes actividades son pertencentes á materia de música, da que xa elaborei anteriormente outras actividades explicando o por que de escoller esta materia, a primeira delas é un crucigrama de instrumentos musicais e a segunda un test para clasificar os instrumentos nas súas correspondentes familias musicais.

Por último creei una secuncia de actividades na mesma plataforma para ter as tres actividades agrupadas.


Espero que vos guste. Vémonos pronto!